coreógrafa, -o

Persoa que se dedica á coreografía

Etimoloxía

Vocábulo que se forma coas voces gregas choreía 'danza en coro' e ‒graphein ‘escribir’.

Exemplos *

“O Centro Dramático Galego estrea "O bufón do Rei", de Vicente Risco, o día 10 no Teatro Principal de Ourense. Na preparación da montaxe colaborou a coreógrafa Mónica Runde.” (Pancho R. Tristán: Tempos Novos, 10-1997)

“O Centro Coreográfico Galego resolveu a convocatoria do seu novo programa Proxectos de Investigación Coreográfica, a través do que destina 29.000 euros ao desenvolvemento de oito iniciativas presentadas por outras tantas coreógrafas galegas.” (Redacción: Galicia Hoxe, 7-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.