coreografía

Conxunto de figuras e de pasos dun ballet.

Etimoloxía

Este composto creouse pola combinación de dous elementos gregos: khoreia ‘danza’ e graphe ‘escrita’ e tamén ‘descrición’

Exemplos *

“Alguén parece soster, en xogo de canas e fíos invisíbeis, esta coreografía de monicreques fosforescentes.” (Xavier Paz: Follas de bacallau)

“A Carlos custáballe determinar se gozaba máis polo axeitadamente que desenvolveran os seus técnicos / actores a coreografía da súa exclusiva ou pola faciana avermellada -malia a maquillaxe- de Ramiro Montefaro, o concelleiro de Seguridade Cidadá.” (Jaureguizar: As horas sucias)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.