Relativo ou pertencente á coreografía
Etimoloxía
Termo relacionado con “coreografía” que remite a “coreógrafo” cuxa orixe reside na unión da voz grega choreía 'danza en coro' e o sufixo ‒grafo ‘que escribe’ ou ‘que describe’.
Exemplos *
“Esta foi a peza que levou o Premio ao Mellor Espectáculo da 33 MIT por parte do público. Son xera cadros esculturais e paisaxes pictóricas dinámicas no entrelazo coreográfico entre o baile tradicional galego, a danza española e o contemporáneo.” (Alfonso Becerra de Becerreá: Tempos Novos, 18, 9-2017)
“E non tanto polas escenas en si, senón pola súa falta de propósito. No teatro musical, cada canción ou número coreográfico deben estar ao servizo do argumento, permitir que a acción avance. Aquí, pola contra, semellan existir simplemente por motivos ornamentais, por puro gusto exhibicionista.” (Manuel Xestoso: A Nosa Terra, 12-3-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


