Neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío.
Etimoloxía
Proponse que derive do verbo coriscar, e este dunha suposta forma latina coriscare, procedente do latín clásico coruscare 'brillar'.
Exemplos *
"… os que podían e tiñan casas ou familiares no campo ían vivir alí, especialmente se as casas eran frías e non húmidas, e abertas ó corisco como recomendan os físicos." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
"E non é por termos a intención de nos abeirarmos nos soportais e, desde alí, continuarmos o noso camiño no momento en que non veña o corisco e polos lugares que nos conviden a continuarmos enxoit@s." (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.