cornamusa

Instrumento musical de vento parecido á gaita galega pero sen roncón

Etimoloxía

Voz que bebe no termo francés cornemuse.

Exemplos *

“O silencio, aparecido alí de súpeto, no sitio onde a charanga incesante de coros, trompetas, tambores e cornamusas, forma parte da rutina diaria e esmagadora, amosaba os seus perfís ferintes.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Bretaña Esmeraldina, 1987)

“Un home saíu e tornou de seguida cunha cornamusa. Mesturáronse as xentes nas mesas, e un mozo lanzal de campesiña apostura sacou a dona señoril (...), e a alegre danza que iniciaron os dous no centro da estancia chamou a seguilos a mozos e mozas.” (Darío Xohán Cabana: Galván en Saor, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.