córner

Saque que se efectúa tras o córner desde unha esquina do campo

Etimoloxía

Palabra recollida do inglés corner que significa ‘ángulo’ ou ‘canto’.

Exemplos *

“E a base de coraxe e de non perder nunca a esperanza , ao final Vázquez aproveita un erro defensivo na marcaxe dun córner e marca o empate .” (César Lorenzo Gil: A Nosa Terra, 15-11-2010)

“O Sporting aproveitou ese córner no primeiro tempo e dous contragolpes que fixo no segundo e sentenciou o partido.” (A.A.: O Correo Galego, 13-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.