coroa

Obxecto formado por unha serie de flores ou follas dispostas en círculo.

Etimoloxía

Este substantivo era en latín corona, -ae e de aí vén a nosa forma.

Exemplos *

"A coroa é, no maio, o máis vistoso. Fórmana con arcos de diferentes tamaños …" (Francisco Portela: Contos)

De gran beleza resultaron algunhas das coroas que participaron no Concurso de Maios, desde as máis tradicionais, ata outras ornamentacións …" (O Correo Galego 02-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.