Alga mariña da que existen varias especies, formada por láminas estreitas e longas de cor marrón
Etimoloxía
Termo que bebe do latín corrigia(m) de significado semellante. A denominación científica é Himanthalia elongata.
Exemplos *
“Atopamos grandes poboacións das algas invasoras, comprobamos que o wakame ocupa grandes áreas das zonas estudadas, mentres que a correa case non aparece.” (Rosa Estévez: La Voz de Galicia, 27-12-2023)
“Víao todo polos ollos dunha enorme ave mariña, pairando sobre o mundo. Días e días pasaba en ás do vento, e baixo dela as augas cambiaban do azul ó verde e novamente ó azul, e ó pardo das algas, oucas, corromeiro, calocas, xebras, argazo, correas, marlotas.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.