Camiño de carro
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre o verbo “correr” que vén do latín currere de significado semellante.
Exemplos *
“Adelina atravesa o quinteiro pola traseira da cada. Avanta pola corredoira. Senta logo baixo unha árbore, alén da eira. Cobre a cara coas mans. O corazón búlelle no peito. Árdenlle as meixelas, o corpo abanéase coma as espigas nos campos.” (Francisco Fernández del Riego: O cego de Pumardedón, 1992)
“Por momentos semellaba enxoito; a cachos notábase mollado. Un olor particular, a xeito de incenso de igrexa, que se facía sentir especialmente ao pasar polas corredoiras solitarias, fondas e estreitas, cementadas e medio abandonadas.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.