Corrente forte de auga
Etimoloxía
Denominación que toma como base de formación o substantivo “corrente” que vén do latín currentem, participio do verbo currere ‘correr’.
Exemplos *
“Non viña aínda a primavera. De alí a poucos días, para desgraza do bando enteiro, volveron dominar as brétemas sobre a correntada das augas e sobre campos e bosques.” (Bernardino Graña: Curros Enríquez e os gansos, 2011)
“O cronista da Gaceta salta fóra do catre, asoma á porta da cabana e sente que a forza da correntada o quere levar polo camiño abaixo, entre muros de tixolo e remuíños de auga. Agárrase á parede. Únese a aqueles que avanzan en dirección contraria buscando os lugares altos da aldea para resistir.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.