Servizo de mensaxes a través de equipos electrónicos ou informáticos
Etimoloxía
Expresión froito do encontro da palabra “correo”, de orixe discutida, posiblemente catalá, mais o adxectivo “electrónico” que bebe do inglés electronic, de significado semellante.
Exemplos *
“Mentres, acendeu o ordenador para ver se lle deixaran unha mensaxe no correo electrónico.” (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión, 1998)
“Enviaríalle por correo electrónico o artigo, do que se sentía particularmente satisfeito.” (Berta Dávila: A arte do fracaso, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.