correola

Alga mariña da que existen varias especies, formada por tiras ou correas, que se aproveita para estercar as terras

Etimoloxía

Vocábulo que xorde pola semellanza formal cunha “correa” que vén do latín corrigia de significado semellante.

Exemplos *

“Un congro de aspecto patricio e de ollos elípticos asomaba a cabeza nun laño flanqueado de correolas e carriza mariña.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

“Marchou do xardín e sentou no peitoril do valado para contemplar a praia onde nacera, as lenes ondas da orela que ondulaban cun suave vaivén unha cabeleira de correolas, as rochas ateigadas de lapas.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.