Desprazarse a pé con rapidez, dando pasos longos e elevando un pé antes de pousar o outro.
Etimoloxía
Procede directamente do latín currere que tiña o mesmo significado.
Exemplos *
“Manolo viuna correr baixo a chuvia intensa e sentiu na súa propia pel como toda ela se enchoupaba de auga en poucos segundos.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña)
“Tocaba correr cara a onde fose, incluso cara a fóra do cuartel, se chegaba o caso.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.