Conxunto de cartas, telegramas etc., que se mandan e se reciben por correo.
Etimoloxía
Creado sobre o termo corresponder e este sobre responder que procede do latín respondere 'afirmar, responder a un chamado'.
Exemplos *
"Logo da publicación póstuma da súa correspondencia agromaron reproches por todas partes contra a súa figura." (África B. López Souto: Simone de Beauvoir)
"Pero o que non me encaixa é que se desprazase a San Bernardo a levar a correspondencia de Monseñor" (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.