Persoa que traballa para un xornal, axencia de información ou emisora de radio ou televisión, encargada de enviar artigos, noticias ou reportaxes desde o seu lugar de traballo, que pode estar dentro ou fóra do país
Etimoloxía
Palabra derivada do verbo “corresponder” que, á vez, remite a un étimo latino respondere ‘prometer’.
Exemplos *
“O correspondente de guerra é unha testemuña directa do máis terrible do ser humano, pero ás veces tamén das esperanzas e do futuro dos pobos que se senten asoballados.” (Néstor Barreiro: Luzes, 5-2014)
“Non coñecemos moito deses países , pouco máis que o que nos contan os correspondentes aloxados en hoteis de estados fronteirizos que personalizan as notas de prensa de Reuters cun par de frases da súa colleita.” (Francisco B. González Tenreiro: Galicia Hoxe, 15-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.