corresponsabilidade

Responsabilidade compartida entre dúas ou máis persoas

Etimoloxía

Termo atopado no Tergal que toma como base de derivación última a voz “responsable” do latín medieval responsabilis que 'require resposta', e este deriva do latín responsāre 'responder'.

Exemplos *

“Valórase especialmente o tratamento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais e a prevención e eliminación da violencia de xénero.” (Redacción: Sermos Galiza, 22-2-2018)

“As grandes damnificadas son as mulleres. Se antes elas maioritariamente tiñan un traballo, agora teñen dous pola habitual falta de corresponsabilidade da súa parella.” (Redacción: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.