corripa

Montón de ourizos que se poñen a secar para que solten as castañas con facilidade

Etimoloxía

Voz formada sobre “corra” que procede do latín corrigiam ‘correa’.

Exemplos *

“Faise unha corripa ou ouriceira, amoreándoos ó ar ou nun caseto de sebe pra que podreza o ourizo, sacando entón as castañas co engazo ou cun pau en forma de pinzas, a petela.” (Xaquín Lorenzo: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

“O avó e os Manolos, nun día de brétema e orballo manso −presaxio falso dunha chuvia que non daba chegado−, cantando cada un o seu cantar, amorearon os ourizos en corripas.” (Marcelino Salgueiro Rodríguez: Volframio, música e profecías), 2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.