corsario, -a

Navegante, navío que coa autorización do seu goberno se dedica a atacar e saquear navíos doutros países.

Etimoloxía

Termo que procede do italiano corsaro ‘capitán de navío’ que, á súa vez, deriva de corsa ‘acción de guerrear’.

Exemplos *

“E veñen as augas zoando coma corsarios / dos mares da palabra.” (Xela Arias: Denuncia do equilibrio, 1986)

“Divorcieime da noite, traidora compañeira. / Náufragos camarotes dunha nave estranxeira / Que do esquezo ó fracaso, sen razón, navegaba:/ Comprendo en vós as linguas que o corsario falaba,/ E xuro que obedezo a unha negra bandeira.” (Ramiro Fonte Crespo:  A rocha dos proscritos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.