Café ao que se lle engaden unhas pingas de leite
Etimoloxía
Substantivo que procede do participio pasado masculino do verbo “cortar” que procede do latín curtāre 'rabenar', 'acortar'.
Exemplos *
“Secuestrado polo son da choiva _que agora cae violenta_, Pedro saborea un cortado de leite condensado mentres observa as formas que a auga de choiva debuxa nos cristais.” (Pere Tobaruela: A teoría dos contrarios, 2016)
“Domei axiña o inconsciente e a cousa quedou, sinxelamente, en un-cortado-por-favor, aquí-ten-o-señor. Botei o azucre, e xoguei coa culleriña un bo anaco como se aquela batuta pequeniña fose a panca que abrise a caixa dos propósitos.) (Xabier López López: A vida que nos mata, 2003)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


