Lugar cuberto e cerrado onde se garda o gando, que forma unha construción á parte ou está no interior doutra
Etimoloxía
Termo que procede do latín vulgar cors, cortis, que, á súa vez, remite ao clásico cohors, -ortis 'cohorte'.
Exemplos *
“Nena que léva-lo gando,/ levam'a miña marela;/ queda na corte berrando/ por unha pouquiña d'herba.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. I, 1992)
“Na corte de Xan Manoel / hai moitas mozas cantando: / unhas tascan, outras fían / i outras están asedando.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


