Corte pequena, especialmente a dos porcos e xatos
Etimoloxía
Vocábulo que se deriva sobre o substantivo “corte” que procede do latín cohorte ‘curral’.
Exemplos *
“As vacas, as galiñas e os porcos soñan cos tempos idos, cos verdes lameiros e cos dignos currais ou cortellos do pasado.” (Irene Pérez Pintos: Etiqueta para todo-as, 2009)
“Con calquera cousa pode haber polémica. A última foi coa clausura do cortello onde criaron o porco durante centos de anos a familia dos Mazaricos. Os tempos cambian.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.