Regalo que se lle dá a alguén como mostra de amabilidade e atención.
Etimoloxía
Creada sobre a palabra cortés e esta, á súa vez, sobre corte que procede do latín clásico cohors, –ortis a través do vulgar cors, cortis 'patio' ou 'recinto'.
Exemplos *
"Cando un vai a unha taberna tense unha cortesía co servizo" (Ollomoltranvía: Commedia. Un xoguete para Goldoni)
"Ela entrou no habitáculo con presteza, pechou a porta e, sen dicir nada, abriu o espello de cortesía para recompoñer o cabelo despeitado." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


