cortiña

Terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “corte” que nos leva ao latín vulgar cortem ‘curral’.

Exemplos *

“Cun pouco de sorte a memoria leveda e estende raíces / na cortiña das Chousas e na carballeira da Ribeira, / e bebe da fonte do Trollo, que el mesmo abriu / na cortiña, / e mais da fonte comunal.” (Darío Xohán Cabana: Cabalgada na brétema, 2006)

“Dende a orixe do horizonte / un monstro rinte / fitaba para os bosques e as cortiñas, / os casais e as devesas, / os viveiros, / as hortas, / e os seus ollos eran enormes moedas.” (Salvador García-Bodaño: As palabras e os días, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.