corveta

Embarcación lixeira a vela, de dous ou tres mastros e bordas de pouca altura

Etimoloxía

Préstamo do francés corvette, de orixe incerta, quizais xermánica.

Exemplos *

“Foi daquela, cando estaban a pouco menos de tres marcas, cando o comandante manobrou coa corveta para protexe-la singradura da lancha de salvamento que xa logo estaría no mar” (Xavier Queipo: Ringside/Náufrago, 1993)

“O asunto é que o misioneiro describe o naufraxio dunha corveta francesa ben artillada, sobre o paralelo 40 [...]” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.