Ave da familia dos córvidos do que existen varias especies, coa plumaxe maiormente negra, que vive normalmente agrupado en bandadas e é considerado de mal agoiro
Etimoloxía
A designación deste paxaro vén do latín corvum de significado equivalente.
Exemplos *
“Cala, can negro, n’ouvees / á porta de quen ben quero; / corvos, non voés por riba / do sobrado onde está enfermo; / co teu resprandor, Compaña, / vaite, non lle poñas medo.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“O cabo d’os tres dias / botouna fora o mar / I ali ond’o corvo pousa, / soia enterrad’está.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


