Mamífero ruminante da familia dos cérvidos, de cor parda no verán e cinsenta no inverno, rabelo e de cornos curtos con poucos gallos, que vive nas fragas de Europa e Asia
Etimoloxía
Crese que podería vir do latín vulgar *curtiáre, der. do lat. curtus,a,um 'truncado, encurtado'.
Exemplos *
“Un territorio en que os camiños pertencían ao home e os carreiros había que compartilos coas alimarias e cos demais animais que vivían ceibos no bosque; a neve delatara a presenza de lobos, raposos e moitos xabarís, e mais tamén de cervos, rebezos e corzos.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Por iso vas quedar con este pazo con tres estanques, coa fraga onde cazámo-los corzos, os eidos que traballan os labregos e as viñas da aba daquel monte, que é onde acaban as miñas terras.” (Xabier López López: O Caderno, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.