cosaco

Soldado de infantaría ou cabalaría do exército ruso, recrutado entre os cosacos

Etimoloxía

Palabra que chega do ruso kazák, que se remontaría ao antigo kozak ‘guerreiro’.

Exemplos *

“A namorada de Xan era Natalia, a princesa do Daghestán, que chegara ó pazo do barón de Rot nunha carruaxe branca escoltada por un exército de cosacos.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“Lembreime dese relato de Cabalería Vermella no que un soldado chega destinado a un destacamento de cosacos.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.