Ciencia que ten como obxecto de estudo a estrutura, orixe e evolución do Universo considerado como un todo
Etimoloxía
Termo que bebe no latín moderno cosmologia, que se crea co vocábulo grego kósmos 'universo' e o latino -logia 'tratado'.
Exemplos *
“O grande astrónomo norteamericano Edwin P. Hubble, quen lle deu nome ao primeiro telescopio espacial, fixo dous descubrimentos que cambiarían para sempre a face da cosmoloxía e as nosas ideas sobre o Universo.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
“Hubble daríalle un forte impulso á moderna cosmoloxía ao comprobar, mediante o estudo do espectro da radiación electromagnética procedente de numerosas galaxias, que todas parecían estarse afastando de nós.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.