Persoa que como piloto ou pasaxeiro viaxa nunha astronave fóra da atmosfera terrestre
Etimoloxía
Creación rusa kosmonaut que lembra aos termos “cosmo” e “nauta” ‘navegante’.
Exemplos *
“Moito máis tarde, un triste cosmonauta soviético viaxou ao espazo e na súa soidade puido constatar tamén de primeira man (sospeitas, imaxes, xa as había de antes) que mesmo a terra era redonda.” (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma, 2006)
“Chegado un punto, o tempo do foguete se retarda con relación ó da Terra e o cosmonauta pode retornar, logo dunha viaxe de anos, de meses...” (Xabier López López: O Caderno, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.