cosmos

Espazo exterior á atmosfera terrestre

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín pero procedente do grego kósmos ‘universo’.

Exemplos *

“Lembrou aquela teoría que falaba de que a expansión do universo iniciada co Big-Bang non era indefinida , senón que chegaría a un límite a partir do cal todo o cosmos comezaría a contraerse , ata regresar o momento inicial.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)

“Os elementos básicos necesarios para a vida, como o carbono , o osíxeno , o hidróxeno , o nitróxeno e o fósforo, existen no cosmos dende hai miles de millóns de anos, e é un feito demostrado que na Vía Láctea hai compostos orgánicos, o formaldehido por exemplo , que se detectaron tamén noutras galaxias.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.