costeiro, -a

Relativo ou pertencente á costa, á beiramar

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o nome “costa”,  vocábulo cuxa orixe encontrámola no latín costa 'lado’, ‘costado' ou 'costela'.

Exemplos *

“O único son que se deixaba sentir era o ir e vir das ondas sobre a praia de area clara (...). A vella estrada cuarteada era como o lombo dunha serpe, con parches grises e verdes, e subía cara á dereita para se perder na espesura, cara a un dos asentamentos costeiros nos que malvivían un milleiro de almas.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar / A illa Celeste, 2016)

“Antes de aventurarme por esta alameda costeira, esperando que a temperatura amainase e a brisa do mar refrescase o ambiente, entrei nunha librería aberta na cidade vella.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.