costureira

Muller que fai ou arranxa pezas de roupa

Etimoloxía

Esta voz fórmase tomando como base o substantivo “costura” que procede do latín vulgar *consutūra 'arte de coser', e este deriva do latín clásico consūtus, participio pasado de consuĕre 'coser'; ao que se lle engade o sufixo “-eira”, do latín -arius.

Exemplos *

“Miña mai de pequeniña / aprendeume a costureira / vén a auga e non me molla / vén o sol e non me queima” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)

“O amor da costureira era papel e mollouse, agora costureiriña o teu amor acabouse.” (Ofelia Carnero Vázquez e outros: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín,2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.