Porcentaxe de espectadores dun programa con respecto á totalidade dos que están vendo a televisión nese período de tempo
Etimoloxía
Unidade formada polo substantivo “cota” que vén do latín quota, que é o femenino de quotus 'canto' que se complementa co significado achegado por “pantalla” que procede do catalán pantalla, probablemente alteración de ventalla por influxo de pàmpol.
Exemplos *
“Libro de familia, (...), segue elevando a súa audiencia semana tras semana ata situarse o domingo pasado nun 20 por cento de cota de pantalla, a súa mellor marca desta temporada.” (Redacción: Galicia Hoxe, 3-11-2010)
“Os seus mandamentos resumíanse nun: superar o quince por cento de cota de pantalla. Unha década atrás, anos madrileños na radio, Carlos considerara camiño correcto o que o guiara ata o premio Ondas en dúas ocasións.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.