cota

Lado oposto ao gume dunha ferramenta cortante.

Etimoloxía

Non está clara a procedencia desta palabra. Apúntase como posibilidade que derive do francés couteau (‘coitelo’), formado a partir do latín cultalus (‘faca pequena’).

Exemplos *

“…cortaba as talladas cunha navalla grande, que sempre levaba no peto, serrando coa cota en vez de facelo co gume  -que mal corta a condanada-, e, mentres contaba os contos, paseaba o bocado na punta do garfo.” (Xosé Luís Barreiro Rivas: O crego de Lebozán)


“Dependendo da dureza pódese cravuñar máis o fío, que dura menos, ou máis contra a cota, que dura máis pero corta peor.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.