Monte de pouca altura e de forma cónica
Etimoloxía
Palabra que parece ser o diminutivo dunha previa cótaro que remite a *cottaro que deriva sobre “coto” co significado ‘parte máis alta dun monte’ que ten unha orixe prerromana.
Exemplos *
“Dende as ameas o río concretábase nun fondo indeciso de cotarelos que se esforzaban por romper a noite” (María Gándara: Magog, 1997)
“Pero desde o cimo dun cotarelo puideran ver durante un anaco, non a moita distancia, os perseguidos por orde do tirano de Xerusalén.” (Bernadino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.