cotillón

Xolda acompañada de baile na que habitualmente se reparte entre os asistentes, puchos de papel, serpentinas, colares etc., para se ataviaren.

Etimoloxía

Procede do francés cotillon co mesmo significado que era o aumentativo de cotte 'vestimenta de protección'.

Exemplos *

"Antes de cruzar a Casablanca estou con Maruxa, Maruxa Calvo, flor da nostalxia, beleza rebuldeira, raíña de festas e cotillóns." (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo)

"Por iso teñen cofeccionados os menús, previstas as rutas de turismo, decididos os peiteados, deseñados os traxes, previstos os galanos, recomendados bailes e cotillóns…" (Helena Villar Janeiro: O Correo Galego 22-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.