cotovía

Paxaro da familia dos aláudidos, da que existen varias especies, de cor parda e canto melodioso que emite durante o voo

Etimoloxía

Palabra de orixe onomatopeica que tenta imitar o canto da ave.

Exemplos *

“Imitaba de maneira perfecta o canto do cuco , do paspallás e da cotovía, sen que se puidese distinguir se o que cantaba era unha persoa ou un paxaro.” (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul, 1997)

“Bendita a hora na que arribou ás nosas praias a Nautilus, sol que espantou ás cotovías dos seus niños e brisa que axitou as flores dos nosos salóns nos seus talos, turbando o repouso no que saloucaban tristuras de ausencia.” (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.