couto

Terreo ou conxunto de terreos delimitados e reservados para algunha actividade

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe na latina cautum ‘cautela’ ou ‘precaución’, que se vincula co verbo cavere ‘ter coidado’.

Exemplos *

“Baixando aparecen as primeiras sobreiras co cortizo tallado e as primeiras hortas e casas da aldea, á man esquerda, abrigadiña do norte, perfecta nun recuncho do val. De fronte, o Ulla, onde é un importante couto de pesca: troita, reo e, sobre todo, o señor das augas estas, o salmón . Máis arriba están o Xirimbao, Couso e Ximonde.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)

“Despois da Guerra Civil créanse como concesións da Dirección General de Turismo, os coutos de pesca do río Ulla ( 1944 ) e do río Eo ( 1945 ), e xa moito máis tarde, no ano 1961 a piscifactoría do Carballiño.” (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.