Cavidade natural ou artificial no terreo / Cavidade que serve de refuxio ou vivenda a certos animais
Etimoloxía
Voz que vén do latín vulgar *cova que remite a forma clásica cavus, -a, -um ‘oco’.
Exemplos *
Logo, cando o home e a súa muller botaran a camiñar percorrendo o vasto mundo, ata chegar a outros lugares onde descansar, xa fosen covas ou estancias primitivas para albergarse, como pallozas, fuxindo do frío e dos animais salvaxes.” (Pura Vázquez: Galicia Hoxe, 6-2-2005)
“Nas covas de Altamira, o home primitivo informou e pretendeu xerar unha conduta nos seus conxéneres, facéndolles ver, por símbolos, onde había alimentos ou de onde proviña o perigo.” (Plácido Lizancos Santos: Galicia Hoxe, 15-3-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.