Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario
Etimoloxía
Termo de orixe popular.
Exemplos *
“Bailemos as rúas / ata desaparecer / no ventre sonoro da noite, / onde exércitos de lucecús / acenden con cóxegas as estrelas.” (Rosalía Fernández Rial: Sacar a bailar, 2016)
“No colo da terra, a Ría / deita seu corpo de adoas, / e fai cóxegas de luz / o sol na axila das ondas.” (Valentín Paz-Andrade: Sementeira do vento, 1968)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


