cozar

Fretar unha persoa ou animal algunha parte do corpo coas uñas ou as mans ou contra calquera cousa por mor do proído

Etimoloxía

Crese que está vinculado co latín medieval cofeam ‘cofia’.

Exemplos *

“E aí foi a súa marabilla: Non había alí unha muller quitando coas mans peixes da auga para botalos nunha caixa? Intrigada, colocou e recolocou a panoleta, cozando a testa, ata que se atreveu a falar: –Señora... A Farruca virouse para ela, suxeitando o paxe cunha man para que non llo levase a maré.” (Xavier Alcalá: O Larvisión e outros relatos, 1984)

“Tareixa, a vella servidora, deixou de abanear o borrallo que lucía debilmente entre os pes do pote, e achegouse cozando o aveso dunha man coas uñas negrizas da outra. –¡Señorito Gonzalo! ¡Sexa benvido!– e levantou as mans para a cara do herdeiro.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.