creación

Acción de crear

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latino creatio, -onis de significado semellante.

Exemplos *

“No tocante á demografía empresarial, o autor sinala que se pasou dunha situación na que a natalidade superaba amplamente a mortalidade a outra na que os crecentes peches de empresas pasan por riba dunha escasa creación de novas sociedades.” (Xosé Constenla Vega: O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, 2018)

“E importa que xa lle mencionase Pedriño, naquela noite de brando rock e potente alcol, que todas as cidades da Pampa eran de recente creación en comparanza coas lonxevas cidades europeas, por iso eran un milagre.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.