creatividade

Calidade de creativo

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o adxectivo “creativo” que remite ao latín creatus, participio creare ‘crear’, ‘nomear’ ou ‘producir’.

Exemplos *

“O Novo Cinema Galego non vai desaparecer por falta de creatividade, ou porque os talentos galegos sexan absorbidos pola industria. O Novo Cinema Galego morrerá de inanición.” (Iván Villarmea: Luzes, 6-2016)

“A iniciativa quer abrir as portas á creatividade dos grupos e artistas emerxentes galegos e en galego.” (Redacción: Sermos Galiza,12-3-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.