Xogo que consiste en combinar certo número de pezas ata formar unha figura.
Etimoloxía
Estamos ante un híbrido formado polo verbo crebar que procede do latín crepare 'fender' ou 'crepitar' e cabeza desde o latín vulgar capitia e este desde caput 'cabeza'.
Exemplos *
"…distribuirá entre os nenos que pasen polos seus expositores nas diferentes feiras e promocións turísticas nas que participe unha serie de crebacabezas con elementos típicos da paisaxe e da cultura galega" (O Correo Galego 21-5-2002)
"…agora sinto o que sentirían Rembrandt ou Van Gogh se visen os seus cadros en carpetas, caixas, crebacabezas ou camisetas…" (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


