Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa
Etimoloxía
Voz que procede do verbo “crebar” que remite ao latín crepare ‘estalar’ ou ‘romper’.
Exemplos *
“A súa cabeza era un memorial de todos os naufraxios. E era o primeiro en ir ás crebas e encontrar o que o mar vomitaba ou escondía. Iso si. Por moita amizade que houbese, os pecios eran asunto á parte.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste / O medo dos ourizos, 2018)
“Pasamos a pé dela, polo punto exacto do afundimento do An Ankou, e ben que se notaba, pois na superficie da auga flutuaban madeiros a eito procedentes da cuberta e do casco do bergantín, así coma os arrebolados por nós desde o alto do cantil. E, entre as crebas do naufraxio, os primeiros cadáveres.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.