Facerse máis grande, máis numeroso, máis intenso ou máis voluminoso
Etimoloxía
Palabra proveniente da latina crescere que significaba ‘brotar’, ‘nacer’ ou ‘aumentar’.
Exemplos *
“Como sería aquel vello mundo? Gardaría aínda algunha pegada dos seus pequenos pés? Seguirían a crecer carqueixas, herba de San Xoán, carpazas, nas lombas que remataban sobre o cantil da costa?” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
“Da casa de hóspedes fíxose asiduo don Servando Mieres; creceu a confianza e o estancieiro propúxolle a Tarrío criar cabalos de tiro e montar unha liña de transporte de lá entre as colonias do interior e a costa.” (Xavier Alcalá: Latitude austral, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.