credencial

Documento que dá fe do nomeamento de alguén para algún emprego, cargo ou beneficio.

Etimoloxía

Tomouse do italinao credenziale 'carta que dá fe', que vén de credere 'crer'.

Exemplos *

"Enviarei mensaxeiros aos demais nobres para que te respecten durante a túa viaxe e levarás credenciais co selo da miña familia." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

"Cando en 2006 o ex alcalde da Coruña presentou as súas credenciais como embaixador ante o Papa, comunicoulle "que debía vir a Santiago", circunstancia que repetiu en posteriores ocasións "saltando ás veces o rigoroso protocolo vaticano"."(O Xornal de Galicia 2010-11-04)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.