Operación pola que unha persoa ou entidade presta a outra unha cantidade de diñeiro a devolver, cos correspondentes xuros, nun prazo fixado
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín creditum 'préstamo'.
Exemplos *
“Esta banca facilita o crédito público composto por créditos privilexiados e créditos libres, é dicir, segundo as condicións do mercado.” (José Miguel González Míguez: A banca galega no marco do sistema bancario, 1992)
“Pensaban pedir un crédito no banco para renova-lo piso.” (Úrsula Heinze: Rodolfo, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.