crema

Sopa de consistencia espesa e uniforme.

Etimoloxía

Procede da forma francesa crème e esta dunha palabra do latín tardío crama ‘tona do leite’.

Exemplos *

“De cea, ¿que tal unha crema de bertóns de primeiro e unhas costeletas de coello con pataquiñas douradas despois?” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

“Cada domingo fago unha crema de verduras diferente e un arroz diferente.” (Manuel Darriba: Brais e os demais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.