crema

Substancia branda e consistente para o coidado da pel.

Etimoloxía

Tomouse do francés crème, derivada do latín crama ‘nata do leite’.

Exemplos *

“Ía á praia, estou seguro porque dun ombro colgáballe un deses bolsos de rafia que daquela estaban de moda para levar a toalla e a crema.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

“Por iso agora mesmo busco o único contacto que non me vai esixir nada, este do sol na praia, e sen pensar estendo con suavidade, con agarimo, a crema protección 15 …” (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.